Friday 19 de April de 2024

Concurso en TikTok para a mocidade


Para estimular a creatividade entre a mocidade e animar á creación de vídeos en galego, o Concello organiza o II Premio TikTok. Para participar é preciso elaborar un vídeo dunha duración máxima de 1 minuto sobre a literatura galega, a lingua ou a situación sociolingüística. O vídeo deberá ser enviado ao correo lingua@oleiros.org antes do 22 de xuño.